Publicación das resolucións definitivas da convocatoria do ano 2009 do subprograma CENIT-E que quedaban pendentes

Mediante a presente publicación, o Presidente do CDTI efectúa a notificación da resolución definitiva da convocatoria do ano 2009 do subprograma de apoio a consorcios estratéxicos nacionais de investigación técnica (CENIT-E).

Para acceder á resolución definitiva de cada expediente, o solicitante poderá utilizar os enlaces asociados ao seu expediente na lista de resolucións abaixo indicada ou ben poderá conectarse directamente á "Web de xestión de solicitudes de axuda CDTI" (https://solicitudes.cdti.es/Internet/accesoSistema.aspx).

Nos dous casos deberá identificarse mediante o CIF da súa entidade e contrasinal e poderá acceder á resolución seleccionando o número da súa solicitude dentro da opción "SOLICITUDES/PROPOSTAS-Presentadas.

Resolución definitiva

Contra esta resolución, que pon fin á ví­a administrativa, de conformidade co previsto no artigo 18 da Resolución de convocatoria, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes dende a notificación desta, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurí­dico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Sen prexuí­zo do anterior, contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os Xulgados Centrais do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses.

Contactos para posibles dúbidas

Para cuestións administrativas ou de í­ndole procedemental:

  • Teléfono: 915815516

Para cuestións informáticas:

  • Teléfono: 915815500-Ext. 5085
Lista de resolucións definitivas