Foros Neotec Innvierte 2017

EVALUACION

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) está a organizar dous foros de investimento en empresas xoves de base tecnolóxica, centrados nos sectores das ciencias da vida e as tecnoloxías TIC e industriais. Estes foros terán lugar en novembro, na súa sede da rúa Cid n.º 4 en Madrid.

  • Foro NEOTEC INNVIERTE de ciencias da vida: 8 de novembro de 2017
  • Foro NEOTEC INNVIERTE de tecnoloxías TIC e industriais: 22 de novembro de 2017

INSCRICIÓN DE INVESTIDORES (aberta)

Inscríbase no foro do seu interese: Formulario de inscrición

OBXECTIVO:

Preténdese dar visibilidade e facilitar o acceso ao financiamento en forma de capital (seed e venture capital) ás empresas máis prometedoras que participaron nas convocatorias recentes do programa de subvencións NEOTEC do CDTI, así como ás empresas receptoras de financiamento ou do Selo de Excelencia por parte do Instrumento PEME de H2020 da Unión Europea. Aos foros asistirán os investidores máis relevantes do seu sector, así como importantes empresas interesadas no investimento en empresas emerxentes do perímetro do seu negocio.

REQUISITOS DAS EMPRESAS PARTICIPANTES:

  • Xoves: Creadas a partir do 2010
  • Marcado carácter tecnolóxico
  • Alto potencial de crecemento
  • Estar en estado de semente ou arranque e en busca de financiamento en capital

PROCESO DE INSCRICIÓN (pechado)

O proceso de selección de empresas é competitivo. É dicir, as empresas candidatas pasarán por un proceso de avaliación interno do CDTI, que elixirá as propostas máis adecuadas ao perfil dos investidores. 

As empresas seleccionadas recibirán un proceso formativo (gratuíto) nos ámbitos de definición de modelo de negocio e busca de financiamento. Adicionalmente, asignarase a cada empresa un asesor especializado que lle axudará a aliñar o seu modelo de negocio cos intereses dos investidores privados do seu sector, así como a preparar a presentación no foro.

Solicitaranse dous documentos durante o proceso de avaliación:

  • Resumo executivo da empresa (2-4 páxinas)
  • Presentación da empresa orientada a investidores (10-15 páxinas)

Pode descargar o resumo executivo no seguinte apartado: Ligazón de descarga do documento

A presentación da empresa ten formato libre, aínda que se recomenda que siga o mesmo guión que o resumo executivo.

FITOS:

  • 27 de xullo de 2017: confirmación da participación da súa empresa no proceso de selección mediante a introdución dos seus datos no seguinte formulario: Formulario de inscrición
  • 8 de setembro de 2017: data límite para o envío da documentación requirida. Cargue os documentos na seguinte ligazón: Formulario de carga de documentos

O CDTI apoia o crecemento das empresas emerxentes españolas, especialmente a través do seu programa INNVIERTE (1) e da convocatoria de subvencións NEOTEC (2)

  1. O programa INNVIERTE busca impulsar o crecemento de empresas de base tecnolóxica con alto potencial de crecemento mediante o investimento de capital de risco. Ata a data, o CDTI participa en 17 vehículos de investimento en capital semente, venture capital e capital de risco.
  2. NEOTEC é unha convocatoria que ofrece subvencións a empresas xoves innovadoras por unha contía máxima de 250 000 €.

 

A realización dos foros de investimento enmárcase na iniciativa CAMPUS CDTI, que ten como obxectivo proporcionar unha capa de servizos de alto valor engadido a empresas xoves de base tecnolóxica españolas para facilitar o seu crecemento e a súa consolidación.