Información económica, orzamentaria e de grupo
- Plan Operativo Anual (versión resumida)
As Entidades Públicas Empresariais elaboran cada ano un programa de actuación coas súas liñas estratéxicas e os seus obxectivos. Esta versión do Plan Operativo Anual do CDTI contén esas liñas estratéxicas, indicadores que cuantifican os seus obxectivos e outros indicadores operativos, o plan financeiro que sustenta a actividade do Centro e a súa proxección en cinco exercicios. - Memoria Anual
As memorias anuais ofrecen información detallada da organización do Centro, as súas liñas de actividade, metas logradas do ano e estados contables. - Contratos vixentes
- Convenios
Os convenios que subscribe o CDTI son, principalmente, acordos de colaboración sen obrigas económicas orientados ao impulso de accións de promoción que faciliten o desenvolvemento da misión do CDTI e as outras entidades asinantes. - Subvencións e axudas públicas concedidas
Acceso á Base de Datos Nacional de Subvencións. Deberase seleccionar en Administración do Estado «Ministerio de Economía, Industria e Competitividade» e, como órgano, «CDTI». - Orzamentos
Acceso á páxina de Orzamentos Xerais do Estado. Nesta páxina deberase seleccionar, no orzamento anual que corresponda, o Ministerio do cal depende o CDTI. - Contas anuais
As contas do CDTI, xunto coa memoria e o informe de auditoría da IGAE que as acompañan, inclúen información sobre a actividade do Centro e as súas sociedades dependentes, as súas fontes de ingresos, o seu endebedamento, as retribucións dos membros do Consello de Administración e Directivos do CDTI, o pagamento a provedores, etc. que complementa a información facilitada nesta web.
Dende aquí, pódese acceder á páxina web da IGAE, na que se publican as contas do CDTI dende o exercicio de 2012.
- Relación dos bens inmobles propiedade do CDTI: O único ben inmoble que posúe o CDTI en réxime de propiedade é o edificio situado na rúa Cid 4, de Madrid.
- Sociedades participadas
En 2012, o CDTI lanzou o Programa Innvierte para dar continuación ao proceso investidor en capital risco que iniciara en 2006 con NEOTEC CR.
Para iso, constituíu dúas sociedades: Innvierte Economía Sostenible, S.A., S.C.R. e Innvierte Economía Sostenible Coinversión, S.A., S.C.R. Esta última foi absorbida en setembro de 2015 pola primeira, resultando así unha soa sociedade da que o CDTI é accionista único. Este feito converte o CDTI nun grupo empresarial.
Pode consultar información máis detallada das sociedades participadas do CDTI na memoria que acompaña ás Contas anuais.