Ábrese a cuarta edición de webinarios para asesorar ás entidades españolas interesadas en participar en Horizonte Europa

O próximo 3 de febreiro celebrarase un webinario organizado pola oficina SOST-CDTI de Bruxelas para informar a aquelas entidades españolas que queiran participar nas próximas convocatorias do subprograma do capítulo IMPACTO de Horizonte Europa

Webinarios IMPACTO SOST-CDTI Bruselas
Programáronse 10 sesións informativas ata o próximo 7 de abril

En esta primeira sesión participarán os Puntos Nacionais de Contacto de cada clúster sectorial, técnicos da Comisión Europea e das súas axencias executivas que desenvolverán os aspectos máis relevantes que hai que destacar na memoria técnica. Esta memoria técnica consta de diferentes capítulos: A excelencia científico-técnica, o impacto dos resultados no sector e a sociedade, e o modo no que imos implementar o noso proxecto. 

Cada participante disporá dunha biblioteca de recursos de apoio, tanto para a etapa de escritura da proposta, como para o seu posterior desenvolvemento e implementación. Ao longo das 10 sesións programadas cada luns ata o próximo 7 de abril destacaranse as particularidades e os aspectos máis específicos de cada sector, pondo exemplos exitosos e casos reais para unha mellor ilustración e exporanse as leccións aprendidas, ata o momento, durante a primeira metade de Horizonte Europa.

El obxectivo é dobre: Por unha banda, continuar axudando na mellora de calidade das propostas nun contexto cada vez máis competitivo e por outra, mellorar a parte de IMPACTO das propostas para maximizar o alcance e a influencia que os nosos proxectos tanto no sector, como na sociedade. 

Hora de Inicio: 12.00 h 

Las inscricións a cada webinario ábrense cunha semana de antelación e permanecerán abertas ata as 9.00 a.m. do mesmo luns.    

Se pode acceder ao rexistro a través desta ligazón

Para calquera consulta pode dirixirse a: infodesk@sost.be.

 

CDTI Innovación

O CDTI Innovación é a Axencia de Financiamento da Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, canalizando as solicitudes de financiamento e apoio aos proxectos de I+D+i de entidades españolas nos ámbitos estatal e internacional. Contribuímos á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas e impulsamos e, cunha rede internacional con cobertura de 51 países, acompañamos a participación española en programas internacionais de cooperación tecnolóxica e a transferencia internacional da súa tecnoloxía empresarial. O CDTI tamén apoia a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica en España.

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación, E.P.E. (CDTI) é unha entidade pública dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
 

Más información:

Oficina de Prensa
prensa@cdti.es
91-581.55.00

En Internet
Sitio web: www.cdti.es
En Linkedin: https://www.linkedin.com/company/29815
En X: https://twitter.com/CDTI_innovacion
En Youtube: https://www.youtube.com/user/cdtioficial

Este contido é copyright © 2025 CDTI,EPE. Está permitida a utilización e reprodución citando a fonte e a identidade dixital de CDTI (@CDTI_innovacion).